DATE DE ALTA
FIESTAS / FERIAS 
MULTISECTORIAL  
ROMERÍAS  
GASTRONÓMICAS  
INTERÉS TURÍSTICO  
RAPAS Y CURROS  
ARTE Y ANTIGÜEDADES  
ARTESANÍA  
GANADO/AGRICULT.  
INDUSTRIALES  
RECINTOS FERIALES  
CALENDARIO FERIAS  
CONGRESOS-SALONES  
OTRAS FERIAS EN GALICIA  
OTRAS FERIAS NACIONALES  
FESTIVALES  
 
MÁS OPCIONES 
AGENDA DE GALICIA  
EMPRESAS DE GALICIA  
TURISMO EN GALICIA  
 
 RECOMIENDA ESTA PÁGINA   INICIO   BUSCADOR AVANZADO   CONTACTO 
  [VOLVER
A Xunta destaca a importancia de Funergal como porta de acceso a Portugal  
Ourense acolle os días 22 e 23 de xaneiro a feira profesional Funergal que nesta edición incrementou nun 30% a superficie ocupada polos expositores que, á súa vez, tamén se incrementaron nun 15% no punto de encontro do sector funerario.

Ourense é o punto de encontro do sector funerario de toda a península grazas á celebración da sexta edición de Funergal, unha feira profesional de carácter monográfico, que se está consolidando como un referente para empresarios do sector tanto en España coma en Portugal. Durante o acto de inauguración celebrado esta mañá, a directora xeral de Comercio, Nava Castro Domínguez, incidiu na importancia de Funergal como a única cita monográfica do sector funerario para o ano 2010, así como no papel desta cita como unha vía de introdución das empresas galegas no mercado portugués, posto que en Portugal non existe ningunha feira especializada no sector. Funergal, Feira de produtos e servizos funerarios, é unha das dúas citas do sector funerario celebradas en España e unha das cinco que se celebran en Europa. O seu obxectivo é fomentar o negocio, a competitividade e a actualización do sector funerario, ofrecerá unha ampla gama de produtos e de servizos, ao tempo que acollerá a celebración dunhas Xornadas Técnicas e mesmo unha entrega de premios organizados por un portal de internet especializado no sector. Na edición deste ano, a feira conta cunha superficie de 6.000 metros cadrados, un 30% con respecto á edición anterior, e coa participación de 75 expositores, o que supón tamén un incremento do 15%. Entre os sectores representados hai 17 empresas de fabricación de ataúdes, unha área de negocio en constante crecemento e de grande relevancia e tradición na provincia de Ourense; haberá espazo para compañías de fabricación de vehículos funerarios, fabricantes de furnas e de lápidas, tanatorios, florerías ou encadernadores. A actividade comercial de Funergal, que estará aberto aos profesionais no recinto feiral de Expourense en horario de 11:00 a 20:00 horas, complementarase coa celebración dunhas Xornadas Técnicas nas que se tratarán amplamente diversos temas relacionados coa evolución do sector funerario. As actividades centraranse na análise da situación do sector, en cuestións coma o marketing funerario, a xestión de cemiterios municipais ou a incorporación de internet aos servizos mortuorios. O sábado haberá unha sesión dedicada á tanatopraxia, na que se abordarán a homologación como nova profesión recoñecida, os cambios na lexislación, as necesidades formativas ou a introdución da muller no sector funerario.

Gabinete de Comunicación da Xunta de Galicia
2010-01-22

 
OTRAS NOTAS
Termatalia 2010 incrementa su expansión por América Latina
O grupo británico Placebo, no San Froilán da man do Xacobeo 2010
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
Presentada en Vigo a LVIII Festa do Viño Albariño de Cambados (Pontevedra)
Xacobeo 2010 achega 100.000 euros para os fogos das Festas do Apóstolo
A Festa da Terceira Idade de Palas de Rei, por primeira vez en Vilar de Donas
O Festival de Cultura Quente reúne o 16 e 17 de xullo en Caldas de Reis a 15 artistas
O Xacobeo celebra en Ponteareas o concerto de Amaia Montero coincidindo co domingo do Corpus
Navalia presenta as liñas de apoio do Plan Re-forza 2010
 

 

ROMERÍAS | GASTRONÓMICAS | INTERÉS TURÍSTICO | ARTE Y ANTIGÜEDADES | ARTESANÍA
GANADO/AGRICULT. | INDUSTRIALES | CALENDARIO FERIAS | AGENDA DE GALICIA | RECINTOS FERIALES
EMPRESAS DE GALICIA | OTRAS FERIAS NACIONALES | TURISMO EN GALICIA | CONGRESOS-SALONES | OTRAS FERIAS EN GALICIA
RAPAS Y CURROS | MULTISECTORIAL | FESTIVALES | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados