DATE DE ALTA
FIESTAS / FERIAS 
MULTISECTORIAL  
ROMERÍAS  
GASTRONÓMICAS  
INTERÉS TURÍSTICO  
RAPAS Y CURROS  
ARTE Y ANTIGÜEDADES  
ARTESANÍA  
GANADO/AGRICULT.  
INDUSTRIALES  
RECINTOS FERIALES  
CALENDARIO FERIAS  
CONGRESOS-SALONES  
OTRAS FERIAS EN GALICIA  
OTRAS FERIAS NACIONALES  
FESTIVALES  
 
MÁS OPCIONES 
AGENDA DE GALICIA  
EMPRESAS DE GALICIA  
TURISMO EN GALICIA  
 
 RECOMIENDA ESTA PÁGINA   INICIO   BUSCADOR AVANZADO   CONTACTO 
  [VOLVER
Feira de Oportunidades e Antigüidades en A Estrada  
Presentouse na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada a XXXI Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas e a IV Feira de Oportunidades que se celebran entre o 5 e o 7 de marzo.

Nun ambiente cordial e distendido, tivo lugar na Fundación de Exposicións e Congresos de A Estrada unha xuntanza entre as directivas de ACOE e da propia Fundación para ultimar detalles organizativos do que será a edición conxunta da XXXI Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas e IV Feira de Oportunidades, a celebrar no recinto feiral estradense os próximos días 5, 6 e 7 de marzo do presente ano. Igualmente realizouse un estudo conxunto de temas relacionados coa publicidade, deseño da imaxe do evento, cartelería, etc... Tendo en conta as boas relacións existentes entre ambas directivas, o obxectivo común que se pretende é canalizar un maior número de visitantes que xunto cos visitantes fieis cos que conta cada evento por separado, otorgaría maior pulo e diversidade o que redundará nun meirande volumen de negocio para as firmas expositoras e de atractivo para o público visitante. Preto de tres mil metros de espacio expositivo e entorno a medio cento de expositores (nunha primeira estimación), farán as delicias do público asistente. O horario en que o recinto abrirá ao público é o habitual, de dez da mañán a oito da tarde, ininterrumpidamente. Existirá tamén un espazo de lecer para os cativos dotado de hinchables. Unha nova oportunidade na que se presentará un elenco variado de obxectos: Decoración, calzado, textil, papelería, artesanía, antigüidades, selos, monedas, porcelana, libros, cadros, reloxios, obxectos en prata e ouro, mobiliario diverso, apeiros de labranza, etc... Un espazo poliédrico onde se dan cita o pasado e o presente para seducir novamente a todos os visitantes tanto por calidade como por prezo.

Feira de Antigüidades e Cousas Curiosas
2010-01-27

 
OTRAS NOTAS
Termatalia 2010 incrementa su expansión por América Latina
O grupo británico Placebo, no San Froilán da man do Xacobeo 2010
Leonard Cohen, o 12 de Setembro en Ourense
283 comerciantes de 129 concellos obteñen axudas para modernizar o comercio rural
Presentada en Vigo a LVIII Festa do Viño Albariño de Cambados (Pontevedra)
Xacobeo 2010 achega 100.000 euros para os fogos das Festas do Apóstolo
A Festa da Terceira Idade de Palas de Rei, por primeira vez en Vilar de Donas
O Festival de Cultura Quente reúne o 16 e 17 de xullo en Caldas de Reis a 15 artistas
O Xacobeo celebra en Ponteareas o concerto de Amaia Montero coincidindo co domingo do Corpus
Navalia presenta as liñas de apoio do Plan Re-forza 2010
 

 

ROMERÍAS | GASTRONÓMICAS | INTERÉS TURÍSTICO | ARTE Y ANTIGÜEDADES | ARTESANÍA
GANADO/AGRICULT. | INDUSTRIALES | CALENDARIO FERIAS | AGENDA DE GALICIA | RECINTOS FERIALES
EMPRESAS DE GALICIA | OTRAS FERIAS NACIONALES | TURISMO EN GALICIA | CONGRESOS-SALONES | OTRAS FERIAS EN GALICIA
RAPAS Y CURROS | MULTISECTORIAL | FESTIVALES | 
© galiciadigital.com 2002 todos los derechos reservados